jueves, 24 de abril de 2008

FERNÁNDEZ INSISTE EN QUE O COMITÉ ASESOR NON É O FORO ADECUADO PARA DEBATER AS CUESTIÓNS DE FONDO ENTRE A FEGAMP E VIVENDA POLAS NORMAS DO HÁBITAT

O presidente da Fegamp anuncia que o organismo participará neste Comité xa que pode ser útil para regular a interpretación e a aplicación das normas

Reitera a necesidade de abrir canles de diálogo bilateral como para o anteproxecto de lei de Vivenda


Santiago, 24 de abr. de 08. O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Ames, Carlos Fernández, respondeu á conselleira de Vivenda que a Fegamp xa ten nomeado representante no Comité Asesor de Habitabilidade, desde o pasado día 16 de abril.

O alcalde dos alcaldes galegos confirmou que a Fegamp vai participar no Comité Asesor de Habitabilidade, pero os concellos insisten en que este foro, “que pode ser útil para resolver problemas derivados da interpretación das normas”, “non é o adecuado para debater sobre as diferencias de fondo que existen entre a consellería e a Fegamp sobre as Normas do Hábitat”.

O presidente do organismo municipalista reitera que deberan existir “unhas conversas bilaterais semellantes ás que puxeron fin ás discrepancias que xurdiran respecto ao anteproxecto da lei de Vivenda” e, neste sentido, Fernández xa se ten dirixido por escrito á conselleira.

Ao mesmo tempo, reafirma que a Fegamp réxese polo principio do diálogo e o consenso. Por eso aínda “confiamos en non ter que formalizar a demanda do contencioso” algo que, “por suposto, é unha prerrogativa que nos compete exclusivamente”, dixo Fernández en alusión ás declaracións de Táboas ao respecto.